1 de setembro
Praza da Quintana
22:00h

“No marco da NoiteCurta#2 do vindeiro xoves 1 de setembro, inaugurarase esta colaboración cun evento concibido por ambos os festivais. A cita será con Ulobit, nun marco incomparable como a Praza da Quintana compostelá a partir das 22:00 horas. Ulobit presentará o espectáculo A/V Suite que toma como punto de partida unha selección de imaxes de arquivo de danza, gravacións de discos de gramófono manipuladas e os recursos rítmicos da zanfona. O instrumento fonde os seus acordes con texturas electrónicas e coa manipulación de vídeo en tempo real, obtendo resultados musicais que van desde a música ambiental ao ruidismo, pasando pola estética do erro sonoro/visual, o drone e a música incidental”.

[+ info]