Organscape. Variacións para o Rei-Lúa (estrea absoluta e concepto creado en exclusiva para o ciclo De Lugares e Órganos)

26.08.2020
19.30h Preparación para a escoita
20.30h Concerto

Xoán-Xil López, creación sonora e composición
Andrés Cea, órgano

O artista sonoro e compositor, Xoán-Xil López, presenta unha obra inspirada no texto do mesmo título, incluído no poemario O Poeta Asasinado, do escritor francés Guillaume Apollinaire. O ciclo afonda na idea da representación da nosa contorna audible a través dunha serie de pezas escritas para órgano e unha instalación sonora creada para a ocasión. Os ruídos da rúa, tranvías, fábricas, campaíñas, tambores de ronda, o canto do galo que anuncia a alba… partindo dunha serie de gravacións de campo, propias e alleas, realizadas en diferentes localizacións xeográficas, componse un ciclo de obras breves mediante procesos de análise e resíntese que adaptan a realidade e as súas paisaxes sonoras ás peculiaridades do repertorio organístico.

As composicións compleméntanse cunha instalación titulada Organismo I, unha sorte de autómata que trata de emular certos sons naturais mediante o uso de elementos acústicos accionados polo aire dun fol. É por iso que, con anterioridade ao concerto, teremos oportunidade de coñecer as claves que nos axudarán a orientar a escoita desta peza contemporánea. Conversaremos co creador e mais co in-térprete, o organista Andrés Cea, co fin de nos achegar tamén ao proceso compositivo e contemplar, de preto, a instalación sonora creada para a ocasión. O talento creativo de Xoán-Xil López únese á xenialidade artística e interpretativa do músico e investigador Andrés Cea, nunha creación única da que teremos o privilexio de ser testemuñas.

 

Leer programa de mano completo

Programa del festival

[+ info]