“Organscape. Os premios Ars Electrónica recoñecen a arte sonora de Xoán-Xil López.

Con esta instalación e serie de composicións, o artista compostelán recrea os sons dos paxaros para sintetizalos e adaptalos ao son e características mecánicas dun órgano. Vén de levar unha mención honorífica nos premios Prix Ars Electronica 2021 que outorga o festival Ars Electrónica de Linz (Austria), un dos máis prestixiosos da arte dixital a nivel mundial, na categoría de música dixital e arte sonora, que nesta ocasión recibiu 3.158 proxectos enviados desde 86 países”.

[+ info]