“A imposibilidade fisiolóxica de desconexión sensorial dun oído sen pálpebras fai do son un elemento continuo, unha música concreta, que é diferente en en cada espazo e en cada tempo. Este concepto designa unha formulación composicional, onde o son, en lugar de ser interpretado, convértese nun obxecto externo que posúe as súas propias coordenadas, a súa propia presenza. Non soa igual Mogor que a Graña, a cidade que o rural, as dunas de Corrubedo que as de Namibia. E ese ‘ruído’ é identitario. E é a fonte da que bebe o proxecto Escoitar.org, unha asociación cultural dedicada á recuperación da memoria sonora galega que actualmente forma parte do Proxecto-Edición (CGAC, MARCO e Fundación Luis Seoane). A célula principal de traballo está integrada por Chiu Longina (antropólogo e coordinador), Juan-Gil López (musicólogo), Horacio González e Berio Molina (artistas e programadores), Carlos Suárez (etnomusicólogo) e Julio Gómez (historiador) […]”

[+ info]

Accede a la entrevista completa aquí