Presentación de “A persistência desobediente”

Lugar: Fundación Luís Seoane (A Coruña)
Día: 9/05/2019
Hora: 18:00h

En “A persistência desobediente”, Fernando Jose Pereira (Oporto, 1961) evoca a noite anterior á execución de Benigno Andrade, alias Foucellas, unha das figuras máis coñecidas da resistencia á ditatura franquista, cuxa actividade traspasaría as nosas fronteiras. A película afonda no olvido forzoso e no silenciamento imposto polos gañadores da Guerra Civil á memoria de personaxes e eventos por partida dobre, no pasado e no presente. Con esta obra, o artista portugués rescata acontecementos do pasado coa fin de empregalos como ferramentas de compresión do presente e como xa é característico dentro da súa traxectoria, facendo uso da tecnoloxía como plataforma de reflexión acerca dos conceptos de memoria, tempo e temporalidade na arte. O artista contou coa colaboración de Xoán-Xil López (música) e X. Lois Gutiérrez Faílde (guión e locución) para a realización do filme.

[+ info]