Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Coruña
Días 17 y 18 de abril

“Comprender a cidade contemporánea implica unha percepción da espacialidade que supera o alcance da mirada. A experiencia acústica, a olfativa ou a háptica revélanse como un novo modo de interacción coa contorna urbana cada vez máis decisivo na súa configuración. Xérase deste xeito unha complexidade que favorece a expansión cara a un urbanismo múltiple só asumible desde a interdisciplinariedade partindo do estudo do feito sonoro e abordando a “construcción sensible do espazo público”. A capacidade material da arquitectura para producir estes espazos complétase coa intanxibilidade do son para que deveñan en lugares cunha identidade determinada, en ocasións de forma decisiva. O son non só enche o espazo arquitectónico se nón que o dota dunha dinámica temporal/ambiental e a cidade deixa de estar delimitada só por vías, interseccións, edificios e tránsitos para completarse coa presenza sonora. Según Michel de Certeau a cidade cotiá é un texto escrito por aqueles que a recorren nos seus itinerarios habituais “facendo uso dun espazo que non pode ser visto”. Fuxindo do modelo de cidade-panorama, panóptica e xeométrica surde entón a necesidade de elaborar novas cartografías sensibles que cuestionen o concepto de cidade como espacio unívoco”